Diana o Artemisa y gamo

Diana

  Registro: 1089

  Dimensións: 23 x 18 cm

  Técnica: lapis grafito sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Ao longo da Historia da Arte son numerosos os artistas que se ven atraídos polo tema mitolóxico. Isidoro Brocos, a pesar de que nas súas obras sobresae a temática costumista, non podía deixar de tratar este tema. Farao insuflando alma a estes corpos divinos e representándoos con gran expresividade. O contorno da figura resáltase do fondo a través dun trazo firme, e mediante unha liña grosa máis escura que permite que a silueta quede ben delimitada.

A pesar de que a imaxe foi identificada con Diana, deusa da caza, por estar acompañada por un veado, apenas insinuado, a imaxe non só carece dos atributos propios desta deusa, senón que proporía unha iconografía inusual para a mesma. Diana, irmá de Apolo, era unha deusa virxe, e por iso acostuma representarse vestida. Unicamente na pasaxe do baño pode aparecer espida, pero de ser así non aparecería soa, senón acompañada polas súas ninfas. Por isto parece precipitado asimilar esta imaxe coa de Diana-Artemisa, a non ser que se tratase dunha interpretación moi libre do artista, que parece inspirarse noutro tipo de imaxes.