Dios Baco juvenil

Dios Baco

  Registro: 1090

  Dimensións: 54 x 58 cm

  Técnica: lapis sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

A mitoloxía é un tema habitual en Isidoro, en parte porque era tratado en profundidade nas Academias da época. Non obstante, hai que apuntar o deserto de oportunidades formativas de finais do século XIX en Galicia. Este feito engrandece se cabe, o mérito dos artistas que desenvolvían e evolucionaban de maneira fundamentalmente autodidacta, compartindo opinións nos faladoiros e experimentando eles sós o que, a sociedade e o tempo que lles tocara vivir lles permitían.

Neste debuxo representa ao Deus Baco adolescente, que eleva os seus ollos e brazo dereito cara o ceo. Na súa man sostén un racimo de uvas, en actitude oferente. Isidoro sitúao de pé acompañado por unha pequena panteira á súa esquerda, que come os racimos que brotan da vide.

Baco, ou Dionisio, era para os gregos o protector do cultivo da vide, do viño e en xeral, da fermentación e a vexetación. A través da ebriedade e do éxtase da danza, ofrecía aos homes unha sensación de liberdade ilimitada que os desvinculaba das preocupacións diarias. Por iso tamén era chamado "el que libera los males" sendo un deus moi venerado.

O tratamento do cuerpo de Baco é excelente nas súas formas e proporcións, podendo adiviñar nel os seus músculos grazas ao detallismo e o profundo coñecemento que tiña Isidoro Brocos da anatomía humana. Sobre os ombros, leva unha pel seguindo os ditados académicos que representan con esta vestimenta ao Baco xuvenil. Non obstante, Brocos non debuxa os atributos característicos e recorrentes do deus no mundo académico da Arte, como son a taza e o tirso.

A figura está iluminada pola esquerda, proxectando sombras. O eixe da figura parte do ombro dereito para terminar na punta do pé esquerdo onde descansa o peso.