Diploma

Diploma. Isidoro Brocos

  Registro: 61

  Ano de creación: 1880

  Dimensións: 46,5 x 61 cm

  Técnica: litografía

  Categoría: documento

Comentario:

Diploma outorgado a Isidoro Brocos polo que se lle recoñece a medalla de prata obtida por unha escultura de barro sen cocer, Xastre de aldea, que presenta na Exposición Rexional de Galicia, celebrada en Pontevedra no ano 1880.

Firman o Presidente da Comisión Directiva e os secretarios na cidade de Pontevedra, a 20 de agosto de 1880.

Á dereita, aparece unha inscrición: "Registrado al folio 15 Libro 11. Lit. J. Osterbasger Sanz".

Respecto ao deseño, aparece unha serie de anxos rodeados por ánforas e flores.