El esclavo moribundo

El esclavo moribundo (29)

  Registro: 1071

  Dimensións: 14 x 7 cm

  Técnica: lapis sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Isidoro Brocos, con áxiles trazos de lapis, recolle apuntamentos de todo aquilo que lle chama a atención: esculturas, retratos e paisaxes que atopa na multitude de viaxes que realiza ao longo da súa vida (París, Roma, etc.).

Nesta ocasión reproduce a obra de Miguel Ángel El esclavo moribundo, que se encontra no Museo do Louvre de París.

Este debuxo é un bosquexo preparatorio doutro máis completo que forma parte da Colección de Arte, na que a profundidade está máis traballada.

Na obra aparece un mozo espido en lixeiro perfil, coa cabeza inclinada cara ao seu ombreiro dereito deixando ver a parte esquerda do rostro, no que se adiviña serenidade.

Eleva o brazo esquerdo por detrás da cabeza; o dereito flexiónao descansando a súa man sobre o peito, cruzado por un estreito pano.

A perna esquerda, ríxida, descansa no chan soportando o peso da figura. A dereita, flexionada, descansa sobre un baixo pedestal.

A luz entra de fronte iluminando a figura.

No reverso, Brocos retrata, cuns trazos moi esquemáticos e ténues, un home vestido e cun gorro, inmerso na súa actividade cotiá.